A COMPAÑÍA
Nauta é unha nova compañía galega. Un grupo de creadores que utilizan as
disciplinas do teatro físico, a máscara e os monicreques.
Únense co obxectivo de crear un teatro contemporáneo, multidisciplinar e accesible para todo tipo de públicos. Nauta pretende ser un punto de encontro onde mergullarse no extraordinario da arte.
EQUIPO
RAFAEL REY
Dende pequeno explora o mundo da marioneta e o teatro grazas aos seus pais e a súa compañía Títeres Cachirulo. Fórmase na Escola de Artes Escénicas Pábulo en Santiago de Compostela e en 2015 decide trasladarse a Madrid onde se forma na Escuela de Interpretación Jorge Eines e se diploma na Escuela Internacional de Mimo y Teatro Gestual Nouveau Colombier. O seu encontro ca pedagoxía de Jaques Lecoq da man de Arturo Bernal lle anima a afondar nesta formación e viaxa a Bruselas onde se diploma na École Internationale de Théatre LASSAAD (2017-2019). Especialízase no teatro do movemento da guía de Lassaâd Saïdi e Norman Taylor. Forma parte na organización do Festival Internacional de Títeres Galicreques (Galiza) onde afonda e investiga xerando actividades e espazos de encontro sobre a arte da marioneta.
RAFAEL REY DOMECH
Dirección artística
CARLOS GALLARDO
CARLOS GALLARDO
Dende os 17 comeza a ter contacto co mundo do teatro e do cine, nacendo nese momento a súa paixón por atopar o punto de encontro entre ambos.Fórmase en Comunicación Audiovisual e, mentres tanto, inicia os seus estudos profesionais na Escola de Artes Escénicas Pábulo en Santiago de Compostela.
En 2016, decide trasladarse a Madrid para formarse na Escuela Internacional de Mimo y Teatro Gestual Nouveau Colombier e, en 2018, completar a súa aprendizaxe na Escuela Internacional de Teatro Arturo Bernal, especializándose na pedagoxía Lecoq. É entón cando funda Teatro Crudo, compañía ca que explora o bufón contemporáneo e as estruturas postdramáticas.
En 2020 crúzase no seu camiño Nauta e comeza a súa colaboración.
Imaxe e contido
PILAR PINGARRÓN
PILAR PINGARRÓN
Coñece o teatro dende moi pequena. Tras diplomarse no Laboratorio de Teatro William Layton en Madrid no ano 2015, atópase ca pedagoxía Lecoq na Escuela Internacional de Mimo Nouveau Colombier, na que se diploma en 2018. Interesada pola voz e a palabra, realiza talleres con Joaquín Notario, Vicente Fuentes e canto con Eva Frey. No ano 2019 crece a súa interese pola danza e recibe clases en Espacio en Blanco por Tejido Conectivo e talleres con Yeiner Chicas e Lucio A. Báglivo. Tamén nese ano, cofunda a compañía Teatro Crudo en Madrid, da que nacen dous espectáculos de creación colectiva que investigan o bufón e as novas dramaturxias. É no 2022 cando inicia a súa colaboración con Moving Compass. Interésalle do teatro o seu poder ritual e investigar a mestura de diferentes disciplinas que abran novos horizontes de expresión e encontro co público.
Produción e distribución
Ilustracións por:
TRISTÁN RON
Sempre tivo unha estreita relación co debuxo e as artes visuais. Creceu vendo cine, lendo cómics e acudindo a toda clase de espectáculos de teatro, música, performance e danza na Sala Nasa. Foi a cursos e academias de debuxo e de cómic dende pequeno ata licenciarse en 2020 no Grado de Belas Artes na Universitat Politécnica de Valencia.
A súa obra é aberta e non toma un único camiño nin o seu debuxo é dun só estilo. Experimenta cas posibilidades expresivas e capacidades narrativas propias do cómic. A súa relación con Nauta comezou ca entrada do ano 2020.