top of page
Sans titre-2_edited_edited_edited_edited

Nino e Mambrú entran na pista. Estes dous excéntricos limpabotas fan gala de ser os

mellores no seu traballo e de ser respectados no mundo enteiro. O dúo de irmáns desenvolveu un estilo único e incomparable na súa profesión: a famosa arte de deixar os zapatos coma unha patena. E prometen que será un espectáculo de grande elegancia e virtuosismo.

Autoproclamados coma servos dos zapatos, terán que demostrar que todo este alarde é certo ante a chegada da súa nova clienta. Esperemos que a presión non poida con eles e demostren do que son capaces.

Fortemente inspirados polas grandes personalidades da historia da comedia, Nino & Mambrú preséntanos un espectáculo de media máscara inscrito nas veas do teatro físico, a acrobacia, a esgrima, o mimo e a improvisación co público, que converxen para crear unha obra de público familiar.

Máscaras, Teatro físico
Todos os públicos
Duración 45 min.
Rúa día/noite ou Sala
Dimensións mín. 6x4m 

Dirección e dramaturxia: Nauta

Intérpretes: Rafael Rey Domech, Mathias Rodriguez e Raquel Garabal


Coreografía: Nauta


Escenografía: Nauta

 

Máscaras: Rafael Rey e Mathias Rodriguez

 

Fotografías: Carlos Gallardo, Lorenzo Negueruela

bottom of page