top of page

TRAXECTORIA

 

Nos seus tres anos de traxectoria ten catro espectáculos no seu repertorio e colabora con varios proxectos europeos. Todos eles tratan temáticas sociais e de actualidade que afectan sobre todo á xuventude e ao mundo de hoxe, e que precisan de ser abordados dende unha linguaxe contemporánea e novidosa. Nauta pon o foco do seu traballo en profundizar e descubrir novos xeitos de contar; a plástica e o visual das súas postas en escena e o seu compromiso cun teatro que defende a súa forma máis ritual como arma propulsora para combatir o mundo distópico ao que nos enfrontamos.

A súa primeira creación Nino&Mambrú, nace co obxectivo de remodernizar a media máscara da Commedia del'Arte e levala á rúa contemporánea. A obra foi representada en países como Bélxica, Francia, Suiza, España e Portugal e a día de hoxe conta con máis dun centenar de representacións.

No ano 2020, aínda baixo o nome de Moving Compass, comezan a creación do seu primeiro espectáculo de sala: GAIA BABA. Unha obra que reformula o monicreque de mesa engadindo o diálogo do monicreque co corpo do manipulador. A linguaxe desta obra é a música, o máis universal. É un espectáculo sen texto para todas as idades e nacionalidades, dado que trata un dos temas de máis actualidade, universal e preocupante do noso tempo: o medio ambiente. Nesta ocasión, como un conto fantástico, retratan como sería un mundo ficticio plagado de lixo onde o plástico é o gran omnipresente. GAIA BABA conta con máis de dez representacións a nivel estatal, entre elas o Festival Internacional de Títeres Galicreques, Titirijai en 2020; Galicia Escena Pro e o Festival de Títeres de Redondela.

 

GAIA BABA será re-estrenada en 2024 baixo o título de "GAIA BABA, a meiga" cun novo elenco e dramaturxia.

O universo do seu terceiro espectáculo: Tacão, adaptación do texto do autor Mozambiqueño Mia Couto, son os géneros non normativos, e a confrontación existente entre estes e o sistema heteronormativo preestablecido. Este conflicto en escena tradúcese co enfrontamiento de máscaras de diferentes texturas e formatos. Esta creación contou con residencias na sala Ártika de Vigo, La Nave del Duende en Cáceres e foi representada no Festival Internacional de Títeres Galicreques e no Festival MALUGA (Portugal), en 2021.

No 2022 con A BARCA DO INFERNO, e xa baixo o nome de Nauta, a compañía consolídase como profesional. É a primeira coproducción xunto co Centro Dramático Galego e é froito dunha residencia na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela dentro do proxecto Clásicas Desfeitas. Estrenada na 45ª edición do Festival de Almagro, embárcase na aventura da adaptación dun clásico portugués ás demandas do teatro contemporáneo. 
A BARCA DO INFERNO é finalista á candidatura de mellor espectáculo de títeres e figuras animadas nos Premios María Casares 2023, foi representada no Festival de Títeres Galicreques e no Festival Titirijai en 2023.

 

En 2022 Nauta estrenou o seu primero pasarrúas TREBOADA en colaboración coa banda de batucada Trópico de Grelos. Un espectáculo formado por un elenco de 20 artistas entre manipuladores e músicos, no que Nauta se aproxima por primeira vez ao teatro comunitario.

 

Este ano, continúan desenvolvendo este campo a través de proxectos como o entroido da cidade francesa de Vitrolles, en colaboración coa EMAP (Ecole Municipale d’Arts Plastiques) onde a compañía encargarase por primera vez da construcción de títeres de gran formato (de tres a catro metros).

 

No panorama internacional, forma parte do proxecto PHONE, unha rede europea na que máis de oito países xeran festivais, espectáculos e actividades en conxunto; co obxectivo da posta en valor de diferentes linguas minorizadas a través do teatro.

 

Coproduxo, dirixiu e creou as máscaras do espectáculo Estorias ao Lume, da compañía portuguesa Krisalida Teatro, que trata sobre o folclore galaico-portugués, revalorizando a tradición da narración oral.

 

Xunto con EFFEA (European Festivals Fund for Emerging Artists), o Festival Internacional Galicreques e o concello de Teo, van realizar un proxecto de investigación de teatro comunitario con participantes do colectivo LGBTIQ+, que tratará de investigar a identidade de xénero dende a expresión teatral e o uso da máscara, considerando tamén dentro dela o xénero Drag como ferramenta transformadora. Este será o terceiro proxecto de teatro comunitario neste ano que permite que a compañía continúe a desenvolver o seu propio proxecto pedagóxico.

 

En 2024 xunto con el CDG está coproducindo O corazón na boca, unha das obras do 40 aniversario do centro. Un espectáculo composto por un elenco que pertence á FEGATEA (Federación Galega de Teatro Aficionado).

 

Nauta é unha compañía emerxente que desenvolve a súa faceta plástica xunto a ilustradores, escultores e diseñadores de diferentes ámbitos artísticos, que sigue crecendo e ampliando horizontes creativos, comunitarios, xeográficos e colaborativos.

bottom of page